Séguenos en:

Micoloxía na rede

Micoloxía na rede

Tempada: Outubro 2020 - Decembro 2020

Ubicación: Aula virtual

Tipo: Obradoiro (20h)

Modalidade: Dixital

Períodos de realización

Frecuencia
Cada 2 semanas

Inicio
28/10/2020

Fin
09/12/2020

Períodos de matrícula

Prazo
Inscrición

Inicio
13 de Outubro

Fin
27 de Outubro

Frecuencia
Cada 2 semanas

Grupo
Mércores

Tarifas

Nome
Mércores

Importe
40,00 €

Transferencia
Contacto

Paypal

Grupos

Mércores
Mércores de 18:30 a 20:00 [28/10, 11/11, 25/11, 09/12]

Información da actividade

Neste obradoiro dixital aprenderás a empregar varias ferramentas prácticas para a identificación de cogomelos. A partir do 28 de Outubro poderás acceder aos contidos do obradoiro que se irán abrindo de maneira progresiva, cada dúas semanas. Trátase dunha formación en línea con clases en vídeo, titorías grupais e recursos prácticos para aprender a identificar cogomelos.

Obxectivos:

  • Saber apañar e transportar cogomelos para a súa identificación.

  • Recoñecer e identificar especies de cogomelos.

  • Coñecer especies tóxicas, intoxicacións e tratamentos.

  • Coñecer especies comestibles, propiedades nutracéuticas e tratamento na cociña.

  • Analizar outras posibles aplicacións antrópicas derivadas do uso dos cogomelos.

Contidos:

O obradoiro centrarase en que os asistentes aprendan conceptos teóricos sobre Micoloxía e empreguen diferentes ferramentas para a identificación de cogomelos. Dentro das sesión teóricas trataránse temas como o manexo de claves dicotómicas, os micetismos ou a nutraceutica, ademais falarmos de varios grupos de cogomelos de gran importancia. Dentro do contido práctico cada dúas semanas proporemos diferentes actividades ao alumnado que serán resoltas nas titorias grupais. As datas e horarios indicados fan referencia ás titorias grupais nas que se recomenda a asistencia do alumnado. Estas titorias poderan ser consultadas posteriormente.